POLA VOLTA DO SOR

Alvaro Cunqueiro dicía que  "O Sor é un dos sete ríos do Paraiso". 
Os prinipais afluentes son o Santar e o Tras da Serra que se xuntan na Ribeira de Ambossores, a 294 metros de altitude, donde o leito principal comenza seu percorrido cara ó mar; ó longo de once parroquias, que son 33 quilómetros deica verquer no mar,  na ría do Barqueiro. As Grañas é a parroquia máis bañada, cunha impresionante ribeira natural de 14,5 quilometros de lonxitude. De aí que As Grañas sexan a verdadeira capital do Río Sor.
Nos anos oitenta a asociación "Amigos do Sor", constituida con unha directiva de tódalas parroquias ribeiráns, fixo unha gran defensa do río e da súa cunca, xa que non se podía deixar nas mans do abandono a un dos rios Salmoeiro e troiteiro máis limpos de España.



Comentarios

beker ha dicho que…
Preciosa imagen !!!

Entradas populares